Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Perú ![]() | ||||
Capital | Huaraz ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.083.519 (2017) ![]() | ||||
Lingua usada | Huaylas Quechua (en) ![]() Cajatambo North Lima Quechua (en) ![]() Corongo Ancash Quechua (en) ![]() Southern Conchucos Ancash Quechua (en) ![]() Chiquián Ancash Quechua (en) ![]() Northern Conchucos Ancash Quechua (en) ![]() Sihuas Ancash Quechua (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 35.889,91 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Waldo Rios (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PE-ANC ![]() | ||||
Ancash ou Áncash é unha das 25 rexións do Perú. A súa capital é a cidade de Huaraz, mentres que a cidade máis desenvolvida é Chimbote.
Atópase na parte central e occidental do país. Limita co océano Pacífico polo oeste, polo norte co departamento de La Libertad, polo leste con Huánuco e polo sur con Lima. Abrangue gran parte da costa norte na súa parte occidental e unha gran sección da cordilleira dos Andes. Cunha poboación estimada no ano 2011 de 1 122 792 de habitantes, ten unha superficie de 36 mil km² que representa o 2,8% do territorio nacional.
No plano xeográfico, dentro do departamento diferéncianse claramente dous tipos de paisaxes: a chaira costeira árida que domina toda a zona occidental da rexión cun ancho máximo medio de 15 km; e as zonas montañosas que ocupan o 72 % do territorio departamental, comprendendo os accidentes xeográficos das cordilleiras Blanca, Negra, Huallanca, Huayhuash e o Canón do Marañón que debido á súa situación na divisoria de augas continental, dan orixe a ríos moi importantes como o Santa e o Pativilca que desembocan no océano Pacífico, e o Marañón, afluente do Amazonas que desembocará no Atlántico.
A historia de Áncash está vinculada ás tradicións culturais máis temperás do Antigo Perú, desde o desenvolvementos das tradicións líticas do Arcaico polo 13 000 a.C, co home da Cova de El Guitarrero, até a influencia da civilización caral-supe, ademais de ter sido seo da chavín que posteriormente influíu nas culturas recuay e wari, para finalmente pertencer ao Tahuantinsuyo até a chegada dos colonizadores españois que aproveitaron o seu gran potencial mineiro e marítimo.
Áncash conta cun rico patrimonio histórico e natural, entre os que destacan os dous xacementos arqueolóxicos preincas Chavín de Huantar e Sechín, e as 340.000 hectáreas dedicadas a espazos naturais protexidos no Parque Nacional Huascarán e a Zona Reservada da Cordilleira de Huayhuash que se emprazan na serra departamental.
O departamento é a quinta economía do país por achegar ao Valor Agregado Bruto nacional un 3,5%. A importancia relativa da rexión no país é maior no caso dos sectores mineiro e pesqueiro. O 47,8% da poboación traballa no sector terciario, seguido do 37% no sector primario, e o 15,2% restante no sector secundario.[1]