And did those feet in ancient time

O prefacio a Milton, ilustrado polo propio Blake.

«Jerusalem» é un himno inglés que foi proposto como himno nacional de Inglaterra.[1] É considerado un dos símbolos máis representativos do país,[2] e unha das súas melodías máis coñecidas.[3]

A letra do himno está baseada nos catro versos que comezan con «And did those feet in ancient time» de William Blake, incluídos no prefacio do seu epopea Milton (1804), dedicado a John Milton,[4] a partitura de Hubert Parry foi engadida en 1916.

Así mesmo, foi un dos himnos cantados na abadía de Westminster para a voda real entre Guillerme de Cambridge e Catherine Middleton en 2011,[5] xunto con «Guide Me, O Thou Great Redeemer», elixido por Guillerme en homenaxe a súa nai, Diana de Gales,[6] finada en 1997.

Tamén adoita interpretarse anualmente na última noite das Proms, o festival musical de verán no Royal Albert Hall de Londres.

  1. (en inglés) «England announce victory anthem for Delhi chosen by the public!» Arquivado 11 de xuño de 2011 en Wayback Machine. Commonwealth Games England. Consultado o 5 de xaneiro de 2014.
  2. (en inglés) «Tea and Alice top 'English icons'.» BBC. Consultado o 5 de xaneiro de 2014.
  3. Burton, Anthony. (en inglés) Ficha biográfica de Parry. BBC. Consultado o 5 de xaneiro de 2014
  4. Blake, William (1804) (en inglés) Milton a Poem, copy B object 2. The William Blake Archive. Consultado o 5 de xaneiro de 2014.
  5. (en inglés) «Royal Wedding: Prince William and Kate Middleton choose popular hymns.», The Telegraph. Consultado o 5 de xaneiro de 2014.
  6. «El eterno recuerdo de Diana de Gales en el día más importante en la vida del príncipe Guillermo.» Arquivado 05 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. ¡Hola!. Consultado o 5 de xaneiro de 2014.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne