Andes

Modelo:Xeografía físicaAndes
(es) Cordillera de los Andes Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaAmérica do Sur Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 21°49′34″S 66°41′53″O / -21.826, -66.698
CordilleiraCordilleira americana Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude6.962 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións500 (ancho) × 7.000 (lonxitude) km
Punto máis altoAconcagua Editar o valor en Wikidata  (6.964 m Editar o valor en Wikidata )
AtravesaBolivia, Chile, Colombia, Ecuador, Perú, Venezuela e Arxentina Editar o valor en Wikidata
Superficie3.300.000 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Período de tempoMesozoico Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Zonda Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450653
Imaxe de satélite dos Andes. Fonte: NASA.
Cono de Arita, Provincia de Salta (Arxentina).

A cordilleira dos Andes ou Andes (en quechua: urqukuna 'as montañas' ou Anti suyu urqukuna 'as montañas do Andesuyo') é a cordilleira continental máis longa do mundo, formando unha terra alta continua ao longo do bordo occidental de América do Sur. Ten unha lonxitude de 8500 quilómetros, de norte a sur, polo que é a cordilleira continental máis longa da Terra,[1]. e un ancho variable de entre 250 e 750 km.[2][3] (a zona máis ancha atopase entre os paralelos 18°S e os 20°S de latitude) Ocupa unha superficie aproximada de 2 870 000 km².[4] A súa altitude media está entre 3000 e 4000 m s. n. m.,[2] alberga os volcans máis altos do planeta e o seu punto máis alto é o Aconcagua, cuxos 6962 m s. n. m.[5] fan desta montaña a máis alta do planeta fora de Asia. Pola súa importante actividade volcánica forma parte do cinto de lume do Pacífico.

Nace no extremo sur, en Terra de Fogo, atravesando os territorios de Arxentina, Chile, Bolivia, Perú, Ecuador, Colombia e o occidente de Venezuela. Ocupa unha superficie aproximada de 2 870 000 km².[6]

Na zona central, os Andes ensánchanse, dando lugar ás mesetas elevadas do altiplano e a puna, compartidas por Arxentina, Bolivia, Chile e Perú. Desde o altiplano central cara ao norte do Perú e en Ecuador vólvese angosta novamente e en Colombia vólvese ancha ao dividirse en tres ramais, Cordilleira Occidental, Cordilleira Central e Cordilleira Oriental esta última continúa cara a noroeste entrando en Venezuela converténdose na Cordilleira de Mérida. Desde o altiplano cara ao sur, a cordilleira ten dirección xeral norte-sur, zona na que se achan as montañas máis altas. No extremo austral, curva e toma dirección este-oeste e afúndese no océano Atlántico ao leste da illa dos Estados.[7]

Formouse ao final da era Mesozoica, a finais do Cretáceo tardío, polo movemento da converxencia da placa de Nazca debaixo da placa suramericana. Na configuración do seu relevo tiveron máis importancia os movementos sísmicos e a actividade volcánica posteriores que os axentes erosivos externos. Na morfoloxía actual atópanse elevadas cordilleiras, xunto con extensos altiplanos e profundos vales lonxitudinais paralelos aos grandes eixos montañosos. Os vals transversais son escasos, salvo nos Andes arxentinos-chilenos.

Moitos dos principais depósitos de minerais metálicos do mundo están asociados con bordos de placas converxentes, como os Andes ou as montañas Rochosas.[Cómpre referencia]

  1. Orme, Anthony R. (2007). "The Tectonic Framework of South America" [El marco tectónico de América del Sur]. En Thomas T. Veblen, Kenneth R. Young, & A. R. Orme. The Physical Geography of South America [La geografía física de América del Sur] (en inglés). Oxford University Press. p. 12. ISBN 978-0-19-531341-3. 
  2. 2,0 2,1 Guerrero, Ana Lía; Gallucci, Soledad; Michalijos, Paula; Visciarelli, Stella Maris (2011). "Países Andinos: aportes teóricos para un abordaje integrado desde las perspectivas geográfica y turística" (PDF). Huellas (15): 125. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de agosto de 2019. Consultado o 20 de decembro do 2024. 
  3. Orme, Anthony R. (2007). "The Tectonic Framework of South America" [El marco tectónico de América del Sur]. En Thomas T. Veblen, Kenneth R. Young, & A. R. Orme. The Physical Geography of South America [La geografía física de América del Sur] (en inglés). Oxford University Press. p. 12. ISBN 978-0-19-531341-3. Consultado o 20 de decembro do 2024=. 
  4. Cordillera de Los Andes, una oportunidad para la integración y desarrollo de América del Sur (PDF). Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura (FAO). 2014. p. 10. 
  5. Instituto Xeográfico Nacional (Arxentina) (s/f). "Se dio a conocer la nueva altura oficial del cerro Aconcagua: 6962 metros". www.ign.gob.ar. Consultado o 20 de decembro do 2024. 
  6. Cordillera de Los Andes, una oportunidad para la integración y desarrollo de América del Sur (PDF). Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura (FAO). 2014. p. 10. Consultado o 20 de decembro do 2024=. 
  7. Wegener, A. (1983 [1915]). "El origen de los continentes y océanos [Die Entstehung der Kontinente und Ozeane en Sammlung Vieweg 23 Braunschweig. pp. 94]". Madrid: Ediciones Pirámide S.A Ciencias del hombre y la naturaleza: 230. ISBN 84-368-0233-0. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne