República de Angola (pt) Angola (pt) ![]() | |||||
Himno | Angola Avante! ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Q102185417 ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Luanda ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 36.749.906 (2023) ![]() | ||||
Xentilicio | Angolano, angolana | ||||
Lingua oficial | lingua portuguesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.246.700 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Punto máis alto | Morro de Moco (2.619 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 25 de agosto de 1992 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república presidencialismo ![]() | ||||
• Presidente ![]() | João Lourenço (2017–) ![]() | ||||
• Presidente ![]() | João Lourenço (2017–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional de Angola (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | ONU (1976–) ![]() | ||||
PIB nominal | 65.685.435.100 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Kwanza ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ao ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +244 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 113, 115 e 116 ![]() | ||||
Código de país | AO ![]() | ||||
Sitio web | governo.gov.ao ![]() | ||||
![]() |
Angola,[1][2] oficialmente República de Angola (en portugués: República de Angola; en quicongo, kimbundu, umbundu e chócue: Repubilika ya Ngola), é un país da costa occidental de África, limitado ao norte e ao leste pola República Democrática do Congo, ao leste por Zambia, ao sur por Namibia e ao oeste polo océano Atlántico. Angola inclúe tamén o turbulento enclave de Cabinda, ao norte, que está constituído como unha das súas 18 provincias. A súa capital é Luanda.
Colonia portuguesa ata 1975, ten recursos naturais considerábeis, entre os que destacan o petróleo e os diamantes. O seu sistema de goberno é a democracia, cun réxime presidencialista e eleccións multipartidistas.