Animal Collective | |
---|---|
Orixe | Baltimore, Maryland, Estados Unidos |
Período | 2000 - presente |
Xénero(s) | pop experimental, pop sicodélico, neo-psychedelia, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Animal, Catsup Plate, St. Ives, Paw Tracks, Fat Cat, Domino |
Membros | David Portner (Avey Tare) Noah Lennox (Panda Bear) Brian Weitz (Geologist) Josh Dibb (Deakin) |
Artistas relacionados | Automine, Black Dice, Vashti Bunyan, Gang Gang Dance, Kría Brekkan |
Na rede | |
myanimalhome.net | |
Animal Collective é unha banda orixinaria de Baltimore, Maryland, baseada na actualidade en Nova York. Animal Collective está composta por Avey Tare (David Portner), Panda Bear (Noah Lennox), Deakin (Josh Dibb) e Geologist (Brian Weitz). Os discos gravados baixo o nome Animal Collective poden incluír contribucións dalgúns ou todos eses membros, xa que a formación non é uniforme.
O traballo da banda caracterízase por unha exploración ecléctica de estilos, incluídos psicodelia, freak folk, noise, e electrónica,[1] co uso de elementos como loops, drones, sampling, harmonías vocais, e collages sonoros. Fred Thomas de AllMusic suxire que o grupo "definiu a cara do rock experimental independente durante os anos 2000 e 2010".[2]
Os seus membros coñecéronse na escola e comezaron a gravar xuntos en distintas formas de colaboracións a unha idade moi temperá. En 1999 fundaron o selo discográfico Paw Tracks, publicando o que agora é considerado o seu álbum de estrea, Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished (2000), así como traballos doutros artistas.[3] O seu álbum de 2007 Strawberry Jam foi o primeiro en entrar na lista Billboard 200.[4] A continuación de 2009 Merriweather Post Pavilion foi o traballo máis exitoso do grupo, chegando aos número 13 da lista estadounidense;[5] o seu son pop psicodélico con moita reverberación resultou moi influente na música independente da década seguinte.[6]