Anna Bolena Ana Bolena | |
---|---|
![]() Retrato de Ana Bolena. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Felice Romani |
Fontes literarias | Henri VIII de Marie-Joseph Chénier e Anna Bolena de Alessandro Ercole conde Pepoli |
Estrea | 26 de decembro de 1830 |
Teatro da estrea | Teatro Carcano |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 3 horas 15 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Gaetano Donizetti |
Personaxes | |
Enrico VIII (baixo |
Anna Bolena (en galego Ana Bolena) é unha ópera en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Felice Romani, baseado en Enrico VIII ossia Anna Bolena de Ippolito Pindemonte e Anna Bolena de Alessandro Pepoli, ámbalas dúas sobre a vida de Ana Bolena, a segunda esposa do rei Henrique VIII de Inglaterra. Foi estreada no Teatro Carcano de Milán, o 26 de decembro de 1830.
O dúo "Sul suo capo aggravi un Dio" entre Ana (soprano) e Xoana Seymour (mezzosoprano) está considerado un dos mellores de todo o repertorio operístico. Esta ópera forma parte dunha serie de óperas de Donizetti que tratan do período Tudor na historia de Inglaterra, e que inclúe Roberto Devereux (titulada así polo suposto amante da raíña Isabel I de Inglaterra), Maria Stuarda (titulada así por María I de Escocia) e Il castello di Kenilworth. Os principais papeis femininos das óperas Anna Bolena, Maria Stuarda, e Roberto Devereux son decotío coñecidos como as "Tres Raíñas de Donizetti."