Annabel Lee

Sartain's Union Magazine of Literature and Art, xaneiro, 1850, Filadélfia

"Annabel Lee" é o último poema completo composto polo autor estadounidense Edgar Allan Poe.[1]

Como moitos dos poemas de Poe, explora o tema da morte dunha muller fermosa.[2] O narrador, que se apaixonou con Annabel Lee cando eles eran mozos, ten un amor por ela tan forte que mesmo os anxos estaban envexosos. El mantén o seu amor por ela mesmo tras a súa morte. Ten habido un debate sobre quen, se houbo alguén, foi a inspiración para "Annabel Lee". Aínda que moitas mulleres foron suxeridas, a esposa de Poe, Virginia Eliza Clemm Poe é unha das máis posibles. Escrito en 1849, non foi publicado até pouco despois da morte de Poe ese mesmo ano.

  1. "Edgar Allan Poe Society of Baltimore - Bookshelf - Death of Edgar A. Poe (R. W. Griswold, 1849)". www.eapoe.org (en inglés). Consultado o 2020-03-27. 
  2. Meyers, Jeffrey (1992). Edgar Allan Poe: His Life and Legacy (en inglés). New York: Cooper Square Press. p. 243. ISBN 0-8154-1038-7. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne