Another Side of Bob Dylan | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Bob Dylan | ||||
Publicado | 8 de agosto de 1964 | |||
Gravación | 9 de xuño de 1964 | |||
Estudio(s) | Columbia Studios, Nova York | |||
Duración | 50:37 | |||
Xénero(s) | folk | |||
Selo(s) | Columbia Records | |||
Produtor | Tom Wilson | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Another Side of Bob Dylan é o cuarto álbum de estudio do músico estadounidense Bob Dylan, publicado o 8 de agosto de 1964 a través do selo Columbia Records.
O álbum desvíase do estilo máis concienciado socialmente que Dylan desenvolvera no seu anterior traballo, The Times They Are A-Changin'. O cambio provocou críticas dalgunhas importantes figuras da comunidade folkThe change prompted criticism from some influential figures in the folk community – o editor de Sing Out!, Irwin Silber, queixouse de que Dylan "perdera dalgún xeito o contacto coa xente" e quedou atrapado pola "parafernalia da fama".
A pesar do cambio de temática do álbum, Dylan interpretou a totalidade de Another Side of Bob Dylan en solitario, ao igual que nos anteriores traballos. Ademais da guitarra acústica e a harmónica habituais, Dylan introduce o piano no tema "Black Crow Blues". Another Side of Bob Dylan acadou o número 43 nos Estados Unidos e chegou ao 6 nas listas británicas en 1965.