Ansi-seong | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 안시성 |
Director | Kim Kwang-sik[1] |
Produtor | Kim Woo-taek Jang Kyung-ik Park Jae-soo Mo Chong-jin |
Guión | Kim Kwang-sik |
Intérpretes | Zo In-sung Nam Joo-hyuk Park Sung-woong |
Música | Yoon Il-sang |
Fotografía | Nam Dong-geun |
Montaxe | Kim Chang-ju |
Estudio | Soojak Film Studio&NEW |
Distribuidora | Next Entertainment World |
Estrea | 19 de setembro de 2018 |
Duración | 136 minutos[2] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Épico e acción[1] |
Orzamento | 19,2 millóns de dólares[3] |
Recadación | 41,5 millóns de dólares[4] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ansi-seong (en coreano: 안시성) é un filme surcoreano de 2018 dirixido por Kim Kwang-sik. Está protagonizado por Zo In-sung, Nam Joo-hyuk e Park Sung-woong. Estreouse nos cinemas de Corea do Sur o 19 de setembro de 2018.[5] Xa que o filme trata dunha batalla histórica coreana, o director tivo que investigar para obter máis información sobre o evento real.[6] O director tamén se centrou na selección de actores polo xeral novos para filmar as escenas, xa que constaba de moitas escenas de acción.[7] Aínda que parte da audiencia recibiu ben o filme, algúns criticárono por mor da súa falta de precisión histórica.[8] Porén, foi considerado exitoso por superar os 41,5 millóns de dólares de recadación en 5,4 millóns de entradas.[9]