Anti-Flag | |
---|---|
![]() Anti-Flag no Warped Tour 2006 | |
Orixe | Pittsburgh (Pensilvania), Estados Unidos ![]() |
Período | 1988 - 1989 1993 - actualidade |
Xénero(s) | punk rock hardcore punk melodic hardcore anarcho punk |
Selo(s) discográfico(s) | New Red Archives, Go Kart, A-F Records, Fat Wreck Chords, RCA, SideOneDummy |
Membros | Justin Sane Chris #2 Chris Head Pat Thetic |
Antigos membros | Andy Flag Lucy Fester Sean Whelan Jamie Cock |
Na rede | |
http://www.anti-flag.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Anti-Flag é unha banda estadounidense de punk rock formada en Pittsburgh (Pensilvania, Estados Unidos) en 1993. A banda é coñecida polas súas letras de contido político e o seu activismo, centrándose no activismo contra a guerra, o anti imperialismo, a loita de clases, os dereitos humanos e varios sentimentos sociopolíticos. O grupo está formado polo vocalista e guitarrista Justin Sane e o batería Pat Thetic, fundadores da banda; máis tarde uniranse o guitarrista Chris Head e o vocalista e baixista Chris Barker #2, que substitúe a Jamie "Cock" Towns, quen á súa vez substitúe ao baixista orixinal Andy Flag en 1997 logo da súa marcha un ano antes. Anti-Flag tamén é coñecida polo seu apoio a grupos de accións política como Greenpeace ou Amnistía Internacional. Recentemente, a banda declarou solidariedade co movemento global Occupy Together.
É coñecida polas súas letras políticas e idealistas, centrándose no activismo antibelicista ou na crítica ás políticas exteriores dos Estados Unidos. Anti-Flag tamén é coñecida pola súa defensa de grupos progresistas de acción política como Greenpeace e Amnistía Internacional.