Coñécese como antitauromaquia ao rexeitamento á tauromaquia, é dicir, ao acto de facer corridas de touros ou outros espectáculos ou festexos utilizando a estes animais.
As corridas de touros, no seu sentido moderno, nacen en España no século XVIII e desde entón espertaron críticas e desatado polémicas,[1] incluíndo prohibicións esporádicas, desde os mesmos comezos ata a actualidade. Os argumentos dos seus detractores cambiaron ao longo do tempo, segundo o momento histórico, e tivo xustificacións moi variadas: relixiosas, morais, económicas, estéticas, políticas e culturais entre outras.[2]
↑Amat, Félix (1807). "Resumen Histórico del siglo XVI y XVII". Índices sumario, cronológico y alfabético del Tratado de la Iglesia de Jesucristo, ó Historia Ecclesiástica. Imprenta Benito García. p. 400.