Antonio Iturmerdi Bañales, nado en Barakaldo o 15 de decembro de 1903, e finado en Madrid o 4 de marzo de 1976, foi un político vasco de ideoloxía carlista que desempeñou cargos no réxime franquista.[1]
Comezou a súa carreira política como subsecretario de gobernación; o 18 de xullo de 1951 foi nomeado ministro de Xustiza, cargo que desempeñou até o 7 de xullo de 1965, ano no que pasou a presidir as Cortes Españolas e o Consello do Reino.[2]
En xullo de 1969 tomou xuramento ao príncipe Xoán Carlos como sucesor do Xefe do Estado.[3][4]
En 1977, un ano despois do seu falecemento, o rei Xoán Carlos I, creou o título nobiliario de conde de Iturmendi, para honrar a súa memoria, e concedeullo á súa esposa.[5]