A aorta é a arteria de maior calibre. Sae do ventrículo esquerdo, ascende formando un arco e despois descende pegada á columna vertebral por detrás do corazón. Atravesa o diafragma (hiato aórtico do diafragma) na parte máis posterior deste músculo. A partir de entón denominarase aorta abdominal. Ó longo do seu traxecto dá numerosas ramas. Termina nas arterias ilíacas comúns.