![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
macOS App Store | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor(es) | Apple Inc. |
Publicación inicial | 6 de xaneiro de 2011 |
Sistema operativo | macOS |
Plataforma/s | Distribución dixital Tenda en liña |
Sitio web | www |
A App Store (tamén coñecida como macOS App Store) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións para macOS, desenvolvida por Apple Inc. Foi anunciada o 20 de outubro de 2010 no evento Back to Mac e lanzouse oficialmente o 6 de xaneiro de 2011.[1] Apple comezou a recibir solicitudes de aplicacións de desenvolvedores rexistrados o 3 de novembro do 2010.[2]
Mac App Store lanzouse o 6 de xaneiro do 2011 como parte da actualización gratuíta 10.6.6 de Mac OS X Snow Leopard. Despois de 24 horas de lanzamento, Apple anunciou que había máis dun millón de descargas.
O 4 de xuño de 2018, Apple anunciou unha nova versión da App Store para macOS Mojave[3].