Para a cuncha, véxase Bucina.
O apupo ou apupada[1] é unha forma de demostrar desconformidade por alguén ou algo, xeralmente a un artista ou deportista, ao berrarlle "bu!" ou facendo sons de facer xestos coas mans cara ao artista, como baixar os polgares. En particular, se aos espectadores lles desgusta a presentación, tamén poden acompañar o seu apupo lanzando obxectos (tradicionalmente froita podrecida ou vexetais) ao escenario, aínda que os obxectos poden non ter a intención de ferir ao artista.