المملكة العربية السعودية (ar) السعودية (ar) Kerajaan Arab Saudi (ms) Arab Saudi (ms) Kingdom of Saudi Arabia (en) Saudi Arabia (en) ![]() | |||||||
Himno | Aash Al Maleek ![]() | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Lema | «Shahada» ![]() | ||||||
Símbolo oficial | Falcón (paxaro nacional) ![]() | ||||||
Epónimo | Saud I (en) ![]() ![]() | ||||||
Localización | |||||||
| |||||||
Capital | Riad (1819–) ![]() | ||||||
Contén a división administrativa | |||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 33.000.000 (2018) ![]() | ||||||
Número de fogares | 4.643.151 (2010) ![]() | ||||||
Xentilicio | Saudita | ||||||
Lingua oficial | lingua árabe ![]() | ||||||
Relixión | islam ![]() | ||||||
Xeografía | |||||||
Parte de | |||||||
Superficie | 2.250.000 km² ![]() | ||||||
Bañado por | Golfo Pérsico, Mar Vermello e Golfo de Aqaba ![]() | ||||||
Punto máis alto | Jabal Sawda (pt) ![]() ![]() | ||||||
Punto máis baixo | Mar Vermello (0 m) ![]() | ||||||
Comparte fronteira con | |||||||
Datos históricos | |||||||
Precedido por | |||||||
Fundador | Founding Leaders of Saudi Arabia (en) ![]() ![]() | ||||||
Creación | 1727: Dinastía ↔ Casa de Saud ![]() | ||||||
Evento clave
| |||||||
Día festivo | |||||||
Organización política | |||||||
Forma de goberno | monarquía absoluta Teocracia monarquía ![]() | ||||||
Órgano executivo | Council of Ministers of Saudi Arabia (en) ![]() ![]() | ||||||
• Primeiro ministro ![]() | Salmán I (2015–) ![]() | ||||||
Órgano lexislativo | primeiro ministro de Arabia Saudita , ![]() | ||||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Judicial Council of Saudi Arabia (en) ![]() ![]() | ||||||
Membro de | |||||||
PIB nominal | 868.585.871.465 $ (2021) ![]() | ||||||
Moeda | Riyal (pt) ![]() ![]() | ||||||
Identificador descritivo | |||||||
Fuso horario | |||||||
Dominio de primeiro nivel | .sa e AlSaudiah ![]() | ||||||
Prefixo telefónico | +966 ![]() | ||||||
Teléfono de emerxencia | 112, 911 (en) ![]() ![]() | ||||||
Código de país | SA ![]() | ||||||
Sitio web | saudi.gov.sa ![]() | ||||||
![]() |
Arabia Saudita[1] (en árabe: السعودية, as-Suʻūdiyya), oficialmente Reino de Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية , al-Mamlaka al-ʻArabiyya as-Suʻūdiyya) é un país situado na Península de Arabia. É o segundo meirande dos países árabes, detrás de Alxeria, cunha área de 2 150 000 km² que abrangue case toda a Península Arábiga. Fai fronteira con Iraq e Xordania polo norte, Kuwait polo noroeste, Qatar, Bahrain e os Emiratos Árabes Unidos polo leste, Omán polo sueste e o Iemen polo sur. É o único país con costa no Mar Vermello e no Golfo Pérsico.
Antes do establecemento do Reino de Arabia Saudita, o estado moderno estaba formado por catro rexións distintas: Hejaz, Najd e partes de Arabia Oriental (Al-Hasa) e Arabia Meridional ('Asir).[2] O Reino de Arabia Saudita foi fundado en 1932 por Ibn Saud; el uniu os catro reinos nun só estado nunha serie de conquistas que comezaron en 1902 coa captura de Riad, o fogar ancestral da súa familia, a Casa de Saud. Dende entón, o estado é unha monarquía absoluta de liñas islámicas, principalmente baixo a influencia do wahhabismo.[3] Arabia Saudita é chamada "a Terra das Dúas Mesquitas Sagradas", en referencia a Al-Masjid al-Haram (na Meca), e Al-Masjid an-Nabawi (en Medina), os dous lugares máis sagrados do islam. O Reino ten unha poboación de 28,7 millóns, dos cales 20 millóns son sauditas e 8 millóns son estranxeiros.[4][5][6]
Arabia Saudita é o maior produtor e exportador de petróleo do mundo, e controla a segunda maior reserva de hidrocarburos.[6] Debido ós seus recursos enerxéticos, o reino caracterízase pola súa economía de gran crecemento e por ser o único país árabe que forma parte das economías G20.[7][8] Tamén é destacable que a súa economía é a menos diversificada do GCC.[9] O país ten un alto Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).[10] Está gobernado por un "réxime autoritario"[11] e está clasificado como "Non Libre" pola Freedom House.[12] É o cuarto país do mundo en gasto militar.[13][14] É membro activo da Consello de Cooperación para os Estados Árabes do Golfo, da Organización para a Cooperación Islámica e da OPEP.[15]