Micrografía electrónica de varrido dun tricoma, un pelo das follas de Arabidopsis thaliana, formado por unha soa célula.A. thaliana xerminando.
Arabidopsis thaliana é unha pequena planta do grupo das anxiospermasbrasicácea nativa de Europa e Asia.[1][2][3][4] É unha planta anual de inverno cun ciclo de vida relativamene curto, que é un organismo modelo moi utilizado nos estudos da bioloxía e xenética das plantas. Para ser un eucariota pluricelular complexo, Arabidopsis thaliana ten un xenoma relativamente pequeno de aproximadamente 135 megapares de bases (Mbp).[5] Pensouse durante moito tempo que tiña o xenoma máis pequeno de todas as plantas con flores,[6] pero en realidade o menor xenoma coñecido entre as plantas con flores é o das plantas do xénero Genlisea, da orde Lamiales, no que a especie de planta carnívoraGenlisea margaretae ten un xenoma de só 63,4 Mbp.[7]Arabidopsis thaliana foi a primeira planta da que se secuenciou o xenoma, e é moi utilizada para comprender a bioloxía molecular de moitos trazos das plantas, como o desenvolvemento das flores e o fototropismo.
↑Biogeography of Arabidopsis thaliana (L.) Heynh. (Brassicaceae) Matthias H. Hoffmann, Journal of Biogeography, 29, 125±134, 2002
↑Arabidopsis thaliana and its wild relatives: a model system for ecology and evolution, Thomas Mitchell-Olds, TRENDS in Ecology & Evolution Vol.16 No.12, pp.693-700 ,December 2001
↑Molecular Ecology (2000) 9, 2109–2118, Genetic isolation by distance in Arabidopsis thaliana: biogeography and postglacial colonization of Europe Timothy F. Sharbel, Bernhard Haubold And Thomas Mitchell-Olds
↑Informouse que Arabidopsis ten o menor xenoma entre as plantas con flores (Leutwileret al., 1984)
↑Greilhuber, J., Borsch, T., Müller, K., Worberg, A., Porembski, S., and Barthlott, W. (2006). Smallest angiosperm genomes found in Lentibulariaceae, with chromosomes of bacterial size. Plant Biology, 8: 770-777.