Ares Vallis

Accidente xeográfico extraterrestreAres Vallis

Editar o valor en Wikidata
Datos xerais
Tipooutflow channel (en) Traducir e vallis Editar o valor en Wikidata
Corpo astronómicoMarte Editar o valor en Wikidata
EpónimoMarte Editar o valor en Wikidata
Datos xeográficos
Coordenadas10°17′N 334°23′L / 10.29, 334.39 Editar o valor en Wikidata
CuadránguloQuadrângulo de Oxia Palus (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
mapa non dispoñible: marte
Identificadores
GoPN358 Editar o valor en Wikidata

Ares Vallis é unha canle de desbordamento situada en Marte, leva o nome de Ares en homenaxe ó deus da guerra da antiga Grecia; semella estar esculpido por algún fluído, probablemente auga. O val 'flúe' cara ao noroeste fóra da montañosa Margaritifer Terra, onde a depresión de Iani Chaos (de 180 km de longo e 200 km de ancho) está ligada ó inicio de Ares Vallis a través dunha zona de transición duns 100 km de ancho centrada sobre as coordenadas 342,5° E (17,5º O) e 3° N.[1] Despois continúa a través das antigas terras altas de Xanthe Terra e termina nun delta-semellante ós da rexión de Chryse Planitia. Ares Vallis foi en 1997 o lugar de aterraxe da sonda Mars Pathfinder da NASA, que estudou unha rexión do val fronteiriza con Chryse.

  1. Mars Express - inundacións antigas en Marte: Iani Chaos e Ares Vallis ESA, 1 de xuño de 2005.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne