![]() | |
---|---|
![]() ![]() | |
Datos xerais | |
Tipo | outflow channel (en) ![]() ![]() |
Corpo astronómico | Marte ![]() |
Epónimo | Marte ![]() |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 10°17′N 334°23′L / 10.29, 334.39 ![]() |
Cuadrángulo | Quadrângulo de Oxia Palus (pt) ![]() ![]() |
Localización | |
mapa non dispoñible: marte | |
Identificadores | |
GoPN | 358 ![]() |
Ares Vallis é unha canle de desbordamento situada en Marte, leva o nome de Ares en homenaxe ó deus da guerra da antiga Grecia; semella estar esculpido por algún fluído, probablemente auga. O val 'flúe' cara ao noroeste fóra da montañosa Margaritifer Terra, onde a depresión de Iani Chaos (de 180 km de longo e 200 km de ancho) está ligada ó inicio de Ares Vallis a través dunha zona de transición duns 100 km de ancho centrada sobre as coordenadas 342,5° E (17,5º O) e 3° N.[1] Despois continúa a través das antigas terras altas de Xanthe Terra e termina nun delta-semellante ós da rexión de Chryse Planitia. Ares Vallis foi en 1997 o lugar de aterraxe da sonda Mars Pathfinder da NASA, que estudou unha rexión do val fronteiriza con Chryse.