Arik Air | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA W3 | OACI ARA | Indicativo ARIK |
Fundación | 2002 | |
Inicio das operacións | 30 de outubro de 2006 | |
Frota | 26 | |
Destinos | 29 | |
Holding | Ojemai Investments | |
Eslogan da compañía | Wings of Nigeria | |
Sede | Ikeja, Nixeria | |
Páxina web: http://www.arikair.com/ |
Arik Air é unha aeroliña nixeriana que opera unha rede de voos domésticos, rexionais e internacionais. Na actualidade é a aeroliña máis grande de Nixeria e tamén a aeroliña nacional de Serra Leoa. Opera principalmente dende dous centros de conexión no Aeroporto Internacional Murtala Muhammed, en Lagos, e o Aeroporto Internacional Nnamdi Azikiwe, en Abuja. A súa sede é o Arik Air Aviation Center, situada no soto do aeroporto Murtala Muhammed.