Arma de fogo

Canón antiaéreo 88 mm alemán. Segunda guerra mundial, A Coruña.
Fusil Chassepot.

Unha arma de fogo é aquel instrumento que lanza un ou múltiples proxectís, xeralmente sólidos, a alta velocidade e a unha longa distancia grazas á presión orixinada por unha explosión[1] orixinada pola queima dun propelente[2] confinado. O termo arma de fogo aplícase unicamente aos dispositivos que despiden gas a alta presión tras unha reacción química de combustión dentro do mesmo dispositivo; deste xeito adóitase excluír como armas de fogo aos dispositivos que propulsan proxectís por medio de aire ou CO2 almacenadas a presión por outros medios, as cales en cambio téndese a clasificar como arma pneumática, aínda que nalgúns países como Alemaña, o Canadá e o Xapón clasifícanas como armas de fogo. As armas de fogo poden ser levadas a man como no caso dos fusís, carabinas e pistolas, entón os proxectís denomínanse balas, as cales non adoitan conter explosivos no interior. No caso de armamento máis pesado ou de artillaría, como é o caso de canóns, lanzagranadas etc. os proxectís levan carga explosiva.

Durante varios séculos, desde finais do Renacemento tardío as armas de fogo convertéronse nas armas predominantes da humanidade, producindo cambios profundos na arte militar.

Utilízanse para atacar ou para defenderse, aínda que tamén é corrente o seu uso na caza ou simplemente de xeito lúdico. Por efecto da combustión as armas de fogo dilátanse e desgástanse e polo que deben ter un mantemento coidadoso.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Arma de fogo.
  2. O propulsor nas armas de fogo máis antigas era a pólvora negra, pero nas armas de fogo modernas utilízase pólvora branca (sen fume), ou ben outros propelentes.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne