Arquitectura da Grecia antiga

Partenón de Atenas

A arquitectura da Grecia antiga é unha parte fundamental da cultura grega. A vida urbana grega e a súa organización democrática posibilitou a construción de edificios públicos. O centro da cidade grega era a praza pública, a ágora, nun lugar próximo, elevado sobre un outeiro levantábase a acrópole, recinto no que estaban os templos das principais deidades e en orixe tamén a morada dos gobernantes; a parte máis baixa da cidade estaba destinada ás clases populares. O templo, que tiña como función albergar a imaxe antropomórfica da divindade, participaba tamén do carácter público e democrático da sociedade. O edificio, sobre bancadas, era de planta rectangular cunha sala central, naos, onde se situaba a figura do deus, un pórtico dianteiro, pronao, onde se colocaba a ara, para a celebración dos ritos. Arredor do templo desenvolveuse axiña un pórtico columnado, perístilo. Tamén se construíron, aínda que eran menos frecuentes, templos circulares chamados tholos. Os teatros son o segundo tipo de edificio da Grecia antiga.

A arquitectura da Grecia antiga ocupa unha praza maior na historia da arquitectura europea occidental, e logo esta arquitectura tivo influencia sobre arquitecturas en varias outras partes do mundo[1].

  1. Patrick Nuttgens, Histoire de l'architecture edición orixinal inglesa 1983, edición francesa de Phaidon 2002, ISBN 0-7148-9064-2 , páxina 86

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne