Arracada é un sinónimo de pendente, é dicir, a xoia coa que se adorna a orella. É un nome habitualmente empregado para referirse á artesanía popular. Tamén é o nome que adoitan empregar os arqueólogos cando falan deste tipo de xoias na época antiga ou na idade de ferro. Son especialmente famosas as arracadas de ouro da cultura castrexa galaica, decoradas con espectaculares motivos de filigrana e granulado, como por exemplo as do tesouro de Bedoya.