@ |
---|
Arroba |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
@ (lido arroba) é o símbolo empregado para representar a unidade de masa chamado arroba. Unha arroba equivale a un cuarto de quintal e vén do mozárabe, que foi prestado do árabe الربع (ar-rubʿ, cuarta parte, (á súa vez da mesma orixe que o hebreo arba, 4), un cuarto de quintal, é dicir 25 libras, masa equivalente a 11 os 15 kg segundo as zonas[1]. Tamén se emprega en informática para indicar "en" (at en inglés) nos enderezos de correo electrónico e outros servizos en liña que usan o formato usuario@servidor .
En lingua inglesa úsase como substituto da preposición «at», como na frase: «100 psi @ 2000 rpm» (100 libras por polgada cadrada a 2000 revolucións por minuto).
En construción úsase na interpretación de planos, o que significa "a cada" para expresar cantidades (por exemplo, 5 varas @ 0.20 m. ou a cada 20 centímetros).