Arsia Mons

Accidente xeográfico extraterrestreArsia Mons

Editar o valor en Wikidata
Datos xerais
Tipovolcán escudo e mons Editar o valor en Wikidata
Corpo astronómicoMarte Editar o valor en Wikidata
EpónimoSilva Arsia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos xeográficos
Coordenadas8°16′S 239°55′L / -8.26, 239.91 Editar o valor en Wikidata
Diámetro470 km Editar o valor en Wikidata
Altitude17.761 m Editar o valor en Wikidata
CuadránguloQuadrângulo de Phoenicis Lacus (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RexiónTharsis Montes Editar o valor en Wikidata
Localización
mapa non dispoñible: marte
Identificadores
GoPN394 Editar o valor en Wikidata

O Arsia Mons é o volcán máis meridional dos tres que forman o conxunto coñecido coma Tharsis Montes, na rexión montañosa de Tharsis, próxima ó ecuador do planeta Marte. Ó seu norte está o Pavonis Mons, e ó norte do anterior está o Ascraeus Mons. A maior montaña do sistema solar, o Olympus Mons, queda ó noroeste. O nome Arsia Mons provén dun accidente xeolóxico de albedo da área correspondente nun mapa de Giovanni Schiaparelli, Schiaparelli inspirouse no lendario bosque romano de Arsia Silva.

Mapa topográfico de Arsia Mons

O diámetro do Arsia Mons é de aproximadamente 435 km, e case 20 km de altura[1] ( máis de 9 km máis alto cás planicies que rodean o monte[2]), a caldeira mide aproximadamente 110 km de ancho.[3] A presión atmosférica no cumio do volcán está por debaixo de 107 pascals[4]. Despois do Olympus Mons, é o volcán máis grande en volume.

Un fenómeno meteorolóxico periódico ocorre cada ano ó comezo do inverno no hemisferio sur no Arsia Mons. Pouco antes do inverno, a luz solar quence o aire nas ladeiras do volcán. Ese aire sobe, levando consigo pequenas cantidades de po. Eventualmente ese aire quente ascendente xuntase na caldeira do volcán, onde o fino sedimento se compacta e se expande nunha nube de po en espiral, a nube despois de compactarse o sedimento é o suficientemente densa coma para ser observada dende a órbita do planeta. Esa nube de po en espiral sobre o Arsia Mons repítese cada ano, pero os modelos climáticos por computador indican que este fenómeno só ocorre nun curto período de tempo cada ano. Non se teñen observado nubes en espiral semellantes as do Arsia Mons noutros grandes volcán de Tharsis, aínda que si foron observadas outros tipos de nubes. A espiral de po sobre o Arsia Mons pode acadar entre os 15 a 30 km por riba do volcán.[5]

A caldeira do Arsia Mons foi formada cando montaña se colapsou despois de que a reservas de magma do interior se esgotaron. Hai moitas outras formacións xeolóxicas nas ladeiras do volcán que dan fe deste colapso.[6]

  1. http://photojournal.jpl.nasa.gov/catalog/PIA03799
  2. Catalog Page for PIA02337
  3. Catalog Page for PIA03948
  4. Martian Weather Observation Arquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine. NASA MGS data 9.2 degrees S 238.2 degrees E 17757 meters 1.07 mbar
  5. Catalog Page for PIA04294
  6. Catalog Page for PIA03799

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne