Art Angels | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Grimes | ||||
Publicado | 6 de novembro de 2015 | |||
Gravación | 2013-2015 | |||
Duración | 49:37 | |||
Xénero(s) | synth-pop, art pop, dance | |||
Selo(s) | 4AD | |||
Produtor | Grimes | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Art Angels é o cuarto álbum de estudio da cantante e compositora canadense Claire Boucher, profesionalmente coñecida como Grimes, publicado dixitalmente o 6 de novembro de 2015 a través do selo 4AD e en formatos físicos o 11 de decembro. Boucher comezou a planificar o disco en 2013 como a continuación do seu terceiro álbum de estudio, Visions, porén, eliminou a meirande parte do material desas primeiras sesións e comezou unha nova serie de gravacións en 2014. O tema "Realiti", que procedías das primeiras gravacións, foi editado como unha demo a principios de 2015.
Art Angels foi descrito como máis accesible que os anteriores traballos de Boucher mentres que mantiña as súas influencias experimentais. O álbum conta con convidados como o rapeiro taiwanés Aristophanes e a cantante estadounidense Janelle Monáe. Editáronse dous sinxelos do traballo, "Flesh Without Blood" e "Kill V. Maim", ademais de vídeos musicais para varias cancións. Art Angels vendeu 11 000 copias na súa primeira semana nos Estados Unidos e converteuse no álbum de Boucher en chegar máis alto nas listas ata ese momento. O disco foi editado con moi boas críticas e apareceu nas listas de mellores traballos de 2015 de varias publicacións.
En outubro de 2019 a publicación dixital Pitchfork Media situou o disco no número 11 da súa lista dos 200 mellores álbums da década de 2010.[1]