Arteriosclerose | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() Imaxe histolóxica mostrando os vasos ocluidos por arteriosclerose, un a dereita e outro a esquerda da foto | |
ICD-10 | I70 |
DiseasesDB | 1039 |
MeSH | D001161 |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A arterioesclerose é unha doenza dexenerativa que afecta ás arterias de xeito progresivo, crónico e xeneralizado. Prodúcese por unha acumulación de graxa nas camadas internas da arteria que provoca o seu endurecemento e mesmo a calcificación; isto supón o estreitamento da luz pola que pasa o sangue e, en último lugar, a oclusión da arteria. Este proceso de estreitamento produce unha serie de trastornos causados pola diminución da chegada de sangue, que darán lugar os síntomas da enfermidade. A arterioesclerose é a doenza que produce maior número de mortes nos países occidentais, causadas sobre todo porque afecta á circulación do sangue no corazón e no cerebro. Preocupan máis as secuelas e incapacidades que provoca que a mortalidade que causa.
O termo arteriosclerose foi introducido por Lobstein en 1829 e significa 'endurecemento das arterias'. Aínda non se coñece cal é a súa causa.