Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Arthur Wellesley, 1º Duque de Wellington, nado en Dublín o 1 de maio de 1769 e finado no castelo de Walmer, en Kent (Inglaterra), o 14 de setembro de 1852, foi un militar do exército británico e mais un estadista. Está considerado unha das figuras militares e políticas máis prominentes da primeira metade do século XIX. Xogou un salientábel papel durante as guerras napoleónicas, chegando a atinxir o grao de mariscal de campo. A súa fama provén en boa medida de ser o home que derrotou a Napoleón na Batalla de Waterloo en 1815.
Wellington é comparado con frecuencia co duque de Marlborough, con quen comparte numerosos riscos, especialmente o paso á política despois dunha exitosa carreira militar. Wellington foi por dúas veces primeiro ministro cos conservadores, e ademais exerceu como figura destacábel na Cámara dos Lores até o seu retiro en 1846.