Artrose | |
---|---|
Sinónimos | Osteoartrite, osteoartose, enfermidade articular dexenerativa |
Especialidade | ReumatoloxíaReumatoloxía, ortopedia |
Síntomas | Dor articular, rixidez, redución da amplitude de movemento |
Complicacións | Algún grao de discapacidade, redución da calidade de vida |
Inicio habitual | Xeralmente progresivo coa idade |
Duración | Crónica |
Tipos | Artrose de mans, xeonllos, cadeiras, columna vertebral |
Causas | Desgaste da cartilaxe, factores xenéticos, lesións previas, sobrepeso |
Factores de risco | Idade avanzada, obesidade, lesións articulares previas, traballo ou actividades que sobrecarguen certas articulacións |
Diagnóstico | Baseado nos síntomas, confirmado con radiografías |
Condicións semellantes | Outras doenzas reumáticas como a artrite reumatoide |
Prevención | Mantemento dun peso saudábel, exercicio regular, evitar sobrecargas articulares |
Tratamento | Cambios no estilo de vida, medicacións para o control da dor, fisioterapia, cirurxía en casos severos |
Medicación | Analxésicos, antiinflamatorios non esteroides |
Prognose | Progresión variable; pode levar a unha diminución significativa da mobilidade |
Frecuencia | Común; aumenta coa idade |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Artrose | |
---|---|
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A artrose ou osteoartrose (na literatura anglosaxoa, osteoartrite), é a doenza articular e reumática máis prevalente, sobre todo en persoas de idade avanzada. É unha enfermidade de causa descoñecida e que se dá pola alteración mecánica das propiedades da cartilaxe e do óso subcondral, provocando o deterioramento e desgaste das articulacións. Preséntase de xeito prematuro en persoas con enfermidades xenéticas que afectan ao tecido conectivo, como a síndrome de Ehlers-Danlos e a síndrome de hiperlaxitude articular.[1]