As ninfeas

As ninfeas ('Les nymphéas')
ArtistaClaude Monet
Data1920-1926
Técnicaóleo sobre tea (impresionismo)
Dimensións219 cm × 602 cm
LocalizaciónMuseo da Orangerie das Tullerías, París

As ninfeas (en francés Les nymphéas) é un ciclo de aproximadamente dunhas trescentas pinturas realizadas en óleo que executou o pintor francés Claude Monet nas derradeiras décadas da súa vida, entre 1895 e 1926.[1] Estes lenzos exhíbense actualmente en numerosas pinacotecas de todo o mundo sobre amplos paneis, como o da ilustración, que mide 219 × 602 cm, e que se atopa no Museo da Orangerie das Tullerías, en París, Francia.

Estes inmensos paneis representan un encoro con ninfeas.

Monet pintounos para ficaren pendurados en círculo (dentro dun cuarto arredondado) de xeito que crean o efecto do transcorrer dun día ou o das catro estacións que se desvelan ante os ollos do espectador.

No Museo da Orangerie están pendurados en dúas habitacións ovais e suman oito pezas.

Esta serie de composicións cromáticas culminaron co conxunto monumental pintado para estes dous habitáculos da Orangerie de París. O 12 de abril de 1922 Monet doou ao estado francés 22 pinturas sobre este tema, que se realizaron entre 1920 e 1926.

  1. "Páxina web do Musée de l'Orangerie" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 02 de xuño de 2010. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne