Ascraeus Mons | |
---|---|
Datos xerais | |
Tipo | volcán e mons (en) |
Corpo astronómico | Marte |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 11°55′N 255°55′L / 11.92, 255.92 |
Diámetro | 456,4 km |
Altitude | 18.225 m |
Cuadrángulo | Quadrângulo de Tharsis (pt) |
Rexión | Tharsis Montes |
Localización | |
mapa non dispoñible: marte | |
Identificadores | |
GoPN | 417 |
Ascraeus Mons é un gran volcán de escudo que está situado na rexión de Tharsis do planeta Marte. É dos tres volcáns de Tharsis o que fica máis ó norte e segundo algunhas fontes o máis alto[1] (outras fontes outórganlle este posto a Arsia Mons). A situación do volcán correspondese coa situación do clásico accidente xeolóxico de albedo chamado Ascraeus Lacus, do cal evidentemente toma o nome.
Ascraeus Mons foi descuberto pola sonda Mariner 9 no ano 1971. O volcán orixinalmente foi chamado North Spot[2] (Mancha do Norte) por que era a mancha que estaba máis ó norte das únicas catro manchas visibles da superficie de Marte, xa que naquel momento Marte estaba cuberto por unha tormenta global que envolvía a todo o planeta. Así coma clarexou, estas manchas revelaron a súa natureza real, as duns volcáns extremadamente altos, cuns cumios que se proxectaban por riba da atmosfera cargada de po.[3] O volcán recibiu oficialmente o seu actual nome no ano 1973.[4]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome dimensións Ascraeus Mons