Na mitoloxía nórdica, Asgard (do antigo nórdico Ásgarðr, 'recinto dos Æsir'[1]) é o mundo dos Æsir,[2] gobernado por Odín e a súa esposa Frigg e rodeado por unha muralla incompleta, atribuída a un anónimo hrimthurs, amo do cabalo semental Svaðilfari, de acordo a Gylfaginning. Dentro de Asgard, atópase o Valhalla.
Forma parte dun dos Nove Reinos de Yggdrasil (ou Yggdrasill), un freixo tamén chamado a árbore da vida ou freixo do universo da mitoloxía nórdica. Das raíces e pólas da árbore, mantéñense unidos os mundos de Asgard, Midgard, Helheim, Niflheim, Muspelheim, Svartalfheim, Alfheim, Vanaheim e Jötunheim.