Asno salvaxe africano | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Exemplar de Equus africanus somalicus. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Crítico[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Equus africanus Heuglin & Fitzinger, 1866 | |||||||||||||||
![]() Distribución das poboacións salvaxes
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
Equus africanus africanus |
O asno salvaxe africano ou burro salvaxe africano (Equus africanus) é un membro salvaxe da familia dos équidos. Crese que esta especie é o antepasado do burro doméstico, o cal é clasificado dentro da mesma especie.[2] Viven nos desertos e outras áreas áridas do Corno de África, en Eritrea, Etiopía e Somalia. No pasado tivo unha distribución máis ampla no norte e oeste cara ao Sudán, Exipto e Libia. Existen arredor de 570 exemplares en estado salvaxe.