A aspartato aminotransferase (EC 2.6.1.1), antes coñecida como transaminase glutámico-oxalacética (GOT) e tamén chamada aspartato transaminase (AST), é unha enzima aminotransferase que se atopa en varios tecidos do organismo dos mamíferos, especialmente no corazón, o fígado e o tecido muscular. Atópase en cantidades elevadas no soro en casos de infarto agudo de miocardio, de hepatopatía aguda e de miopatías, polo emprego de determinados fármacos e en casos de calquera doenza ou trastorno onde as células resulten danadas gravemente.