Aspergillus terreus

Aspergillus terreus, tamén coñecido como Aspergillus terrestris, é un fungo tipo mofo que se atopa nos solos de todo o mundo. Aínda que ata hai pouco se pensaba que era estritamente asexual, agora sábese que pode realizar a reprodución sexual.[2] É un fungo saprotrófico frecuente en climas cálidos como as rexións tropicais e subtropicais.[3] Ademais de no solo, tamén se pode atopar en hábitats como vexetación en descomposición e po.[4] A. terreus utilízase comunmente na industria para producir importantes ácidos orgánicos, como o ácido itacónico e o ácido cis-aconítico, así como encimas, como a xilanase.[3] Tamén era a fonte inicial do fármaco mevinolina (lovastatina), utilizado para rebaixar o nivel de colesterol sérico.

Aspergillus terreus pode causar infeccións oportunistas en persoas con sistemas inmunitarios deficientes. É relativamente resistente á anfotericina B, un fármaco antifúnxico moi utilizado.[5] Aspergillus terreus tamén produce ácido asptérrico e 6-hidroximeleína, inhibidores do desenvolvemento do pole na planta Arabidopsis thaliana.[6]

En 2023 científicos australianos descubriron a capacidade de A. terreus de descompoñer completamente o plástico polipropileno en 140 días.[7]

  1. Thom C, Church M.B. (1918). "Aspergillus fumigatus, A. nidulans, A. terreus n. sp. and their allies". American Journal of Botany 5 (2): 84–104. JSTOR 2435130. doi:10.2307/2435130. 
  2. Arabatzis M, Velegraki A (2013). "Sexual reproduction in the opportunistic human pathogen Aspergillus terreus". Mycologia 105 (1): 71–9. PMID 23074177. doi:10.3852/11-426. 
  3. 3,0 3,1 "Fungal Infections Aspergillus terreus". Leading International Fungal Education. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2013. 
  4. "Aspergillus terreus". University of Minnesota. Arquivado dende o orixinal o 23 September 2015. Consultado o 13 de outubro de 2013. 
  5. "Aspergillus terreus". Doctor of Fungus. Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2013. Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  6. Shimada, A; Kusano,M; Takeuchi,S; Fujioka,S; Inokuchi,T; Kimura, Y (2002). "Aspterric acid and 6-hydroxymellein, inhibitors of pollen development in Arabidopsis thaliana, produced by Aspergillus terreus". Journal of Biosciences 57 (5–6): 459–464. PMID 12132685. doi:10.1515/znc-2002-5-610. 
  7. Tran, Danny (14 de abril de 2023). "Plastic-eating backyard fungi discovery boosts hopes for a solution to the recycling crisis". Australian Broadcasting Corporation News. Consultado o 26 de abril de 2023. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne