Aston Martin | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | Privada |
Fundación | 1913 |
Localización | Gaydon, Warwickshire, ![]() |
Fundador | Lionel Martin Robert Bamford |
Persoas clave | Ulrich Bez, CEO |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbiles |
Beneficio neto | £7´6 millones (2010) |
Número de empregados | 1250 (2010)[1] |
Na rede | |
https://www.astonmartinlagonda.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Aston Martin Lagonda Limited é un fabricante británico de automóbiles de luxo. Foi fundada en 1913 por Lionel Martin e Robert Bamford. Posúe a súa sede en Gaydon, Warwickshire, Inglaterra. O nome da compañía é derivado do nome do seu fundador, Lionel Martin, e da competición Aston Clinton Hillclimb preto de Aston Clinton en Buckinghamshire.[2]
Dende 1994 ata 2007, Aston Martin foi parte de Ford Motor Company, pasando a ser parte do grupo Premier Automotive Group no 2000. No 12 de marzo do 2007, foi mercada por 479 millóns de libras por unha sociedade conxunta, encabezada por David Richards, John Singers, un banqueiro de investimentos estadounidense;[3] e dúas compañías de investimento kuwaitís, Investment Dar e Adeem Investment.[4] Ford retivo 77 millóns de dólares estadounidenses (ou o 12,1%) de participacións, valorando a compañía en 925 millóns de dólares.[5]
En decembro de 2012, o fondo de capital privado italiano Investindustrial[6] asinou un acordo para comprar o 37´5% de Aston Martin, e investir 150 millóns de libras como un aumento de capital.