Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1938 Hamburgo (Alemaña nazi) |
Morte | 12 de maio de 2020 (81 anos) Hamburgo, Alemaña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Hamburgo (1960–1967) |
Ocupación | fotógrafa, pintora, produtor |
Familia | |
Parella | Klaus Voormann (1959–1960) Stuart Sutcliffe |
Descrito pola fonte | Astrid Kirchherr, Who Helped Create the Beatles’ Image, Dies at 81 (en) |
Astrid Kirchherr, nada en Hamburgo, Alemaña, o 20 de maio de 1938 e finada na mesma cidade o 13 de maio de 2020, foi unha fotógrafa e artista alemá coñecida pola súa relación coa banda The Beatles (xunto cos seus amigos Klaus Voormann e Jürgen Vollmer) e as súas fotografías do grupo cando este se atopaba en Hamburgo.
Kirchherr coñeceu a Stuart Sutcliffe na discoteca Kaiserkeller de Hamburgo en 1960, onde el estaba a tocar o baixo cos Beatles, e máis tarde estivo comprometida con el antes da súa morte en 1962.
Aínda que Kirchherr admitiu realizar pouco traballo fotográfico desde 1967, a súa obra foi exhibida en Hamburgo, Bremen, Londres, Liverpool, Nova York, Washington D.C., Tokio, Viena e no Salón da Fama do Rock. Tamén publicou tres libros de edición limitada de fotografías.