At War with the Mystics | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Flaming Lips | ||||
Publicado | 3 de abril de 2006 | |||
Gravación | xuño de 2004 - xaneiro de 2006 | |||
Estudio(s) | Tarbox Road Studios, Cassadaga, Nova York | |||
Duración | 54:53 | |||
Xénero(s) | dream pop, neopsicodelia, pop psicodélico, space rock | |||
Selo(s) | Warner Bros. Records | |||
Produtor | The Flaming Lips, Dave Fridmann, Scott Booker | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
At War with the Mystics é o décimo primeiro álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Flaming Lips, publicado o 3 de abril de 2006 nos mercados internacionais e un día despois nos Estados Unidos a través do selo Warner Bros. Records. O disco é máis guitarreiro e conta con letras de temas máis políticos que The Soft Bulletin e Yoshimi Battles the Pink Robots. O álbum gañaría dous premios Grammy en 2007, ademais de ser nomeado para un terceiro.