![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 318 ![]() |
Morte | 25 de xaneiro de 381 ![]() Constantinopla, Turquía ![]() |
Xuíz dos Tervingi | |
365 – 376 ← Xeberico – Alavivo → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | monarca, Xefe tribal ![]() |
Familia | |
Familia | Baltingos ![]() |
Fillos | Walia, Ataúlfo, Alarico I ![]() |
Pai | Aorico ![]() |
Irmáns | Rocestes ![]() |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Allgemeine Deutsche Biographie Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() |
Atanarico, finou no 381[1] en Constantinopla. Fillo de Aorico e neto de Ariarico,[2] foi un xuíz.[1] Daquela os godos daban, ás persoas que ostentaban o mando, o título de xuíz en troques do de rei[3] e caudillo dos tervingos;e doutras tribos confederadas, e chegou a ser considerado polos visigodos como o seu rei fundador.[4] O significado de Aþanareiks é "rei do ano" (aþni=ano e reiks=rei).
O período do seu mando estivo marcado polas guerras contra romanos, hunos (ao se desprazaren estes cara ao leste) e as guerras internas contra o seu rival Fritixerno, polas persecucións que levou Atanarico contra os visigodos convertidos ao cristianismo, polo que os historiadores cristiáns de época posterior retratárono como unha persoa cruel.
Os visigodos do século VII considerárono o seu primeiro rei[5] e hoxe en día hai unha gran unanimidade sobre esta idea.[6] Sucedeuno Alavivo, trala división dos tervingos.[7]