Ataque a Pearl Harbor

Ataque a Pearl Harbor
Guerra do Pacífico

Tipoofensiva naval, batalla e ofensiva aérea Editar o valor en Wikidata
ResultadoVitoria táctica xaponesa
LocalizaciónPearl Harbor Editar o valor en Wikidata
Coordenadas21°21′54″N 157°57′00″O / 21.365, -157.95
Belixerantes
Estados Unidos de América Estados Unidos Xapón
Líderes
Husband Kimmel (USN) Walter Short (USA) Chuichi Nagumo (IJN)
Forzas
8 acoirazados, 6 cruceiros, 29 destrutores, 9 submarinos, ~390 avións 6 cargueiros, 2 acoirazados, 3 cruceiros, 9 destrutores, 441 avións, 5 mini submarinos
Baixas
2.403 mortos; 5 acoirazados afundidos, 3 danados; 3 cruceiros afundidos; 3 destrutores afundidos; 188 avións destruídos, 155 avións danados 29 avións destruídos, 55 aviadores mortos, 5 mini submarinos afundidos, 9 mariñeiros mortos, 1 capturado.
Composto por
Attack on Pearl Harbor in popular culture (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Campaña
Guerra do Pacífico (1941-1945) Editar ]
Wikidata ]

O ataque a Pearl Harbor foi unha ofensiva militar sorpresa efectuada pola Armada Imperial Xaponesa contra a base naval dos Estados Unidos en Pearl Harbor, Oahu, Hawai, na mañá do 7 de decembro de 1941. O ataque foi executado contra a frota do Pacífico da mariña dos Estados Unidos de América e as súas forzas de defensa, o corpo aéreo do exército, e a forza aérea da Mariña. O ataque damnificou ou destruíu 11 navíos de guerra, 188 avións, e matou 2.403 militares estadounidenses e 68 civís. O Almirante Yamamoto Isoroku planeou o ataque, comandado polo vicealmirante Chuichi Nagumo, que perdeu 64 pilotos, como o inicio da campaña do Pacífico na segunda guerra mundial. Tres portaavións da frota do Pacífico non se encontraban no porto, polo tanto non foron danados, así como os depósitos de combustíbel e outras instalacións. Utilizando estes recursos a Mariña foi capaz de reconstruír a frota nun tempo de 6 meses a 1 ano. O ataque quedou na memoria como bombardeo de Pearl Harbor e batalla de Pearl Harbor, mais o nome máis común é ataque a Pearl Harbor ou simplemente Pearl Harbor.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne