Ataxia | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Resonancia magnética dunha doente de 25 anos que sofre de ataxia. Véxase a atrofia cerebelosa. | |
ICD-10 | R27.0 |
ICD-9 | 781.3 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A ataxia (do grego α- [prefixo negativo] + -τάξις [orde]) é un síntoma neurolóxico que consiste na perda da coordinación dos movementos dos músculos voluntarios.. É unha manifestación clínica inespecífica,que implica disfunción nalgunha parte do sistema nervioso que coordina os movementos, como pode ser o cerebelo.[1] Os síntomas e signos máis comúns de ataxia atinxen dende alteración da marcha, disartria (fala imprecisa e pouco esclarecedora, ás veces de difícil comprensión), visión borrosa, e tremor que aparece co movemento. Estes síntomas poden deberse a unha afectación do cerebelo, das súas vías aferentes e eferentes, do sistema vestibular ou das vías propioceptivas. As ataxias poden ter unha orixe xenética ou ser adquiridas.[2] O termo distaxia emprégase tamén como sinónimo, aínda que raramente.