Praza de San Salvador Atenco.
Atenco é un concello do Estado de México, en México. Limita ao norte con Acolman e Tezoyuca, ao sur con Nezahualcóyotl e Chimalhuacán, ao leste con Texcoco, Chiautla e Chiconcuac e ao oeste con Ecatepec e Nezahualcóyotl. Abrangue unha superficie de 83,80 km², e a súa poboación era de 56 243 habitantes no ano 2010.[1] A cabeceira municipal é San Salvador Atenco.[2]
- ↑ Concello de Atenco Arquivado 25 de novembro de 2020 en Wayback Machine., SEDESOL, 29 de novembro de 2016.
- ↑ Monografia municipal de Atenco Arquivado 07 de setembro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)