Athena | |
---|---|
Tipo | Orbitador de asteroides |
Organización | NASA, ASU |
Satélite de | Estados Unidos |
Data de lanzamento | (Proposta para) xullo de 2022 |
Obxectivo da misión | 2 Pallas |
Masa | ≈ 182 kg (401 lb) |
Athena é unha misión espacial que orbitará arredor do asteroide 2 Pallas, o terceiro asteroide máis grande do Sistema Solar.[1]
Se se consegue o financiamento necesario, Athena compartiría foguete coa sonda espacial Psyche, describindo unha traxectoria que a leve ó cinto de asteroides coa asistencia gravitacional de Marte. Tardará arredor de dous anos en alcanzar 2 Pallas.[1] O investigador principal da misión é Joseph O'Rourke, da Universidade Estatal de Arizona.