Atlanta Falcons | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1965 Sede en Atlanta, GA | |||
| |||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||
National Football League (1966–presente) | |||
Uniforme actual | |||
Cores | Negro, vermello, prata, branco | ||
Mascota | Freddie Falcon | ||
Cadro de persoal | |||
Propietario(s) | Arthur Blank | ||
CEO | Rich McKay | ||
Director xeral | Thomas Dimitroff | ||
Adestrador | Dan Quinn | ||
Historia | |||
| |||
Campionatos | |||
Títulos de Liga (0) | |||
Conferencia (2)
| |||
División (6)
| |||
Estadios | |||
|
Os Atlanta Falcons son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede en Atlanta, Xeorxia. Os Falcons compiten na National Football League (NFL) como club membro da División Sur da National Football Conference (NFC). A franquía uniuse á NFL en 1965[1] como equipo de expansión despois de que a liga lle ofrecese un equipo a Rankin Smith para evitar que este se unise á entón competición rival: a American Football League (AFL). En troques, a AFL garatira unha franquía a Miami (os Miami Dolphins). Os Falcons están empatados cos Dolphins (tamén fundados en 1966) como franquía segunda franquía máis antiga do Deep South estadounidense, ambas despois dos Dallas Cowboys.
Durante toda a súa historia, os Falcons conseguiron gañar o título da súa división en seis ocasións: 1980, 1998, 2004, 2010, 2012 e 2016. Coa súa vitoria ante os Green Bay Packers en 2017, os Falcons gañaron o seu segundo título de conferencia, aínda que perderon na Super Bowl ante os New England Patriots. A súa primeira participación no partido final data da temporada 1998, ano no que perderon na edición XXXIII ante os Denver Broncos 34–19. O equipo xogou os seus partidos como local entre 1992 e 2016 no Georgia Dome, estadio situado no centro da cidade. A partir de 2017 os Falcons xogarán no Mercedes-Benz Stadium, recinto con capacidade para 71.000 espectadores.