(en) Palmyra Atoll | |||||
Tipo | Área insular dos Estados Unidos território ultramarino integral (pt) Atol | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Palmyra (en) | ||||
Descubridor ou inventor | Edmund Fanning (en) | ||||
Parte de | Illas da Liña | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas da Liña | ||||
Localizado na área protexida | Palmyra Atoll National Wildlife Refuge (en) | ||||
Localización | |||||
Continente | Oceanía insular | ||||
División administrativa | Illas ultramarinas dos Estados Unidos, Estados Unidos de América | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 2 m | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico (0 m ) | ||||
Superficie | 3,9 km² | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 21 de agosto de 1959 | ||||
Cronoloxía | |||||
7 de novembro de 1802 | naufraxio, ⇒ Cornelius Sowle (en) | ||||
1798 | primeiro avistamento | ||||
Data de descuberta ou invención | 1798 | ||||
Actividade | |||||
Operador | United States Fish and Wildlife Service (pt) Office of Insular Affairs (en) | ||||
Palmyra é un atol deshabitado, de 12 km² de área, na parte central do océano Pacífico. É unha das Espóradas Ecuatoriais (ao sueste do Arrecife Kingman e ao norte de Kiribati), localizado case directamente ao sur das illas Hawaianas, aproximadamente na metade do percorrido entre Hawai e Samoa. Os seus 14,5 km de costa teñen un fondeadoiro coñecido como West Lagoon (Lagoa Occidental). O atol consiste nun extenso arrecife de coral, dúas lagoas, e uns cincuenta illotes de area, rochas, arrecifes e barreiras cubertos pola vexetación, composta por cocos, Scaevolas, e altas Pisonias.
Fóra das illas Sand, ao oeste, e Varren, ao leste, a maioría delas están conectadas entre si. A maior das illas é a illa Cooper, que está ao norte, seguida pola illa Kaula, situada ao sur. O arco de illotes máis setentrional está formado polas illas Strawn, Cooper, Aviation, Quail, e Whippoorwill, acompañados ao leste polas illas Eastern, Papala e Pelican, e ao sur polas illas Bird, Holei, Engineer, Marine, Kaula, Paradise e Home (sentido horario).
Palmyra é un territorio dependente dos Estados Unidos, o que significa que está suxeito a todas as normas contidas na Constitución estadounidense e está permanentemente baixo a súa soberanía. Tamén é un territorio desorganizado, xa que non hai ningúnha disposición do Congreso que especifique como debería ser gobernado. A única lei relevante simplemente dá ao Presidente a decisión de administrar a illa como el queira [1]. Non hai poboación indíxena nin razón ningunha para pensar que a haberá nun futuro. É polo tanto, actualmente, o único territorio estadounidense desorganizado e incorporado. A súa enteira propiedade está reservada á The Nature Conservancy, que trata o atol como unha reserva natural, sendo administrado dende Washington, D.C. pola Office of Insular Affairs, da United States Department of the Interior. As augas que o rodean, ata o límite de 12 millas, foron transferidas á United States Fish and Wildlife Service, e designadas como Palmyra Atoll National Wildlife Refuge en 2001. A defensa é responsabilidade dos Estados Unidos.
A día de hoxe, non hai ningunha actividade económica nas illas. Construíronse moitas estradas e calzadas durante a segunda guerra mundial, pero están nun estado deplorable e cubertas pola vexetación. Tamén hai unha pista de aviación de aproximadamente 2 km na illa, sen pavimentación e que necesita melloras.