(en) Midway Atoll ![]() | |||||
Tipo | territorio non organizado Área insular dos Estados Unidos ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | equidistante ![]() | ||||
Situado na entidade xeográfica | Arquipélago de Hawai ![]() | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas ultramarinas dos Estados Unidos, Estados Unidos de América ![]() | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | ||||
Características | |||||
Altitude | 3 m ![]() | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico ![]() ![]() | ||||
Punto máis alto | Sand Island (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Superficie | 2,4 mi² ![]() | ||||
Actividade | |||||
Operador | United States Fish and Wildlife Service (pt) ![]() ![]() | ||||
Sitio web | fws.gov… ![]() | ||||
O Atol de Midway (tamén coñecidas como Illas Midway) son un atol de 6,2 km² localizado no Pacífico Norte, cerca do extremo noroccidental do arquipélago de Hawai.
A súa latitude é 28º13' N e a súa lonxitude 177º22' W, atopándose as illas a aproximadamente a terceira parte da distancia que separa Honolulu de Toquio.
O atol consiste nunha barreira de coral en forma de anel, e numerosos illotes de area. As dúas illas máis importantes en canto a tamaño, Sand Island e Eastern Island, son o hábitat de miles de aves mariñas.
As Illas Midway non teñen habitantes aborixes, e son un territorio non incorporado dos Estados Unidos, sendo o seu status o de área insular a cargo do Departamento do Interior. A economía susténtase con fondos gobernamentais na súa totalidade, e tanto alimentos como bens de manufactura deben ser importados.
A área de Midway é recoñecida especialmente pola Batalla de Midway, que se levou a cabo durante a segunda guerra mundial. A Mariña dos Estados Unidos repeleu un ataque xaponés, marcando esta vitoria un importante cambio no escenario da guerra no Pacífico.