Atonismo

Atonismo, tamén coñecido como herexía de Amarna é a primeira relixión monoteísta (ou henoteísta) coñecida da historia, favorecendo o culto ao disco solar Atón. Por razóns aínda mal coñecidas, pero probablemente a causa do conservadorismo e a hostilidade do clero tebano, Akhenatón decide abandonar o culto ao deus dinástico Amón, "o deus oculto", e o novo soberano vai impor o atonismo, primeiro progresivamente, e logo drasticamente.

O faraón Akhenaton e a súa familia adorando a Atón, o deus Sol, en Akhetaton, a nova capital.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne