Au Revoir Simone | |
---|---|
Orixe | Brooklyn, Nova York, ![]() |
Período | 2003 - presente |
Xénero(s) | indie pop, dream pop, synthpop |
Selo(s) discográfico(s) | Our Secret Record Company, Moshi Moshi Records, Rallye Label, Instant Records |
Membros | Heather D'Angelo Erika Forster Annie Hart |
Antigos membros | Sung Bin Park |
Artistas relacionados | Dirty on Purpose, Summer Moon, Nice as Fuck |
Na rede | |
aurevoirsimone.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Au Revoir Simone é unha banda estadounidense de indie pop procedente de Williamsburg, Brooklyn, Nova York, formado no ano 2003. O grupo está composto por Erika Forster (voces, teclados), Annie Hart (voces, teclados, baixo) e Heather D'Angelo (voces, caixa de ritmos, teclados).
O nome da banda procede dunha liña que lle di Pee-wee Herman a un personaxe secundario (chamado Simone) na película de 1985 de Tim Burton Pee-wee's Big Adventure.[1] As inspiracións musicais do grupo foron comparadas polo selo europeo da banda, Moshi Moshi Records, a "unha tenda musical de segunda man minuciosamente minada"; entres esas diversas influencias están Modest Mouse, Stereolab, The Mountain Goats, Louis Prima, Pavement, The Beach Boys, Björk, Broadcast, Belle & Sebastian, David Bowie, Bee Gees e Billie Holiday.[2]