Audioslave

Audioslave
Audioslave actuando no Montreux Jazz Festival do 2005
OrixeGlendale (California), Estados Unidos de América Estados Unidos
Período2001 - 2007
Xénero(s)Hard rock,[1] rock alternativo,[2] post-grunge[3][4][5]
Selo(s) discográfico(s)Epic, Interscope
MembrosTom Morello
Tim Commerford
Brad Wilk
Chris Cornell
Artistas relacionadosAxis of Justice, Rage Against the Machine, Soundgarden, Street Sweeper Social Club, Future User
Na rede
http://Audioslave.com
IMDB: nm1933800 Facebook: 165985866829751 Twitter: audioslave MySpace: audioslave Youtube: UCHc7ICbMq7vwaToJQeEtnrA Souncloud: audioslave-official Spotify: 2ziB7fzrXBoh1HUPS6sVFn iTunes: 825191 Last fm: Audioslave Musicbrainz: 020bfbb4-05c3-4c86-b372-17825c262094 Songkick: 362154 Discogs: 252455 Allmusic: mn0000040743 Deezer: 843 Genius: Audioslave Editar o valor en Wikidata

Audioslave foi un supergrupo estadounidense de rock formado en Glendale (California) no ano 2001 e separado no ano 2007. Os membros do grupo foron o daquela ex-vocalista de Soundgarden Chris Cornell, e os ex-membros de Rage Against the Machine Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). A crítica describiu inicialmente o grupo como unha combinación de Soundgarden e Rage Against the Machine, pero trala publicación do seu segundo álbum Out of Exile os medios afirmaron de forma unánime que o grupo establecera unha identidade diferente.[6]

O grupo creou o seu propio son característico ao mesturar o hard rock típico dos anos 1970 co rock alternativo dos anos 1990, con Morello incorporando os seus característicos solos de guitarra nesta mestura. Ao igual que Rage Against the Machine, o grupo reafirmouse no feito de que tódolos sons dos seus álbums fosen producidos empregando só guitarras, baixo, batería e voces.

Nos seus seis anos de existencia Audioslave publicou tres álbums, recibiu tres nomeamentos aos Premios Grammy e converteuse no primeiro grupo estadounidense de rock en tocar nun concerto ao aire libre en Cuba. O grupo separouse en febreiro do 2007 cando Cornell publicou unha nota de prensa anunciando que marchaba de forma permanente do grupo debido a conflitos de personalidade e diferentes opinións musicais. A xira de reunión de 2007 de Rage Against the Machine que fixeron os restantes membros do grupo así como os álbums en solitario publicados nese mesmo ano por Morello e Cornell cimentaron a disolución permanente do grupo.[7]

  1. Wilson, MacKenzie. "Audioslave - Music Biography, Credits and Discography". AllMusic. Consultado o 19 de xaneiro de 2013. 
  2. Sokal, Roman (1 de xaneiro de 2006). "Audioslave: Kool Haus, Toronto Ontario - March 1, 2003". Exclaim.ca. Consultado o 20 de novembro de 2015. 
  3. "Album review: The Nightwatchman's 'World Wide Rebel Songs'". Los Angeles Times. 30 de agosto de 2011. Consultado o 20 de novembro de 2015. 
  4. Udell, Phil (15 de setembro de 2005). "Slaves to the rhythm". Hot Press. Consultado o 20 de novembro de 2015. 
  5. Simpson, Dave (13 de marzo de 2009). "Just like a rolling stone". The Guardian. Consultado o 20 de novembro de 2015. 
  6. Roberts, Michael (16 de xullo de 2003). "Slave New World". Cleveland Scene. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2007. Consultado o 25 de agosto de 2007. 
  7. "Video interview with Tom Morello". Toazted. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2007. Consultado o 20 de agosto de 2007. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne