August Weismann

Modelo:BiografíaAugust Weismann

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Friedrich Leopold August Weismann Editar o valor en Wikidata
17 de xaneiro de 1834 Editar o valor en Wikidata
Frankfurt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 1914 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Friburgo, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHauptfriedhof Freiburg im Breisgau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Geheimrat (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Gotinga Editar o valor en Wikidata
Director de teseRudolf Leuckart Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía, medicina, zooloxía, Bioloxía evolutiva e xenética Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, médico, biólogo evolutivo, xenetista, zoólogo, botánico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Freiburg im Breisgau Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosAdolf Fritze (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoMaria Emilie Snethlage (pt) Traducir, Richard Becker e Alfred Kühn Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaWeism. Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Вейсман Август)
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata

August Friedrich Leopold Weismann, nado en Frankfurt am Main o 17 de xaneiro de 1834 e finado en Friburgo o 5 de novembro de 1914, foi un biólogo evolutivo alemán. Ernst Mayr situouno como o segundo teórico da evolución máis notable do século XIX, despois de Charles Darwin. Weismann foi director do Instituto Zoolóxico e o primeiro profesor de zooloxía da Universidade de Friburgo.

A súa principal contribución foi a teoría do plasma xerminal, que se chegou a coñecer durante un tempo como weismannismo,[1] segundo a cal (nun organismo multicelular) a herdanza só ten lugar por medio das células xerminais, os gametos, como os óvulos e espermatozoides. Outras células do corpo, chamadas células somáticas, non funcionan como axentes da herdanza. O efecto prodúcese nunha soa dirección: as células xerminais producen células somáticas e non son afectadas por nada que as células somáticas poidan aprender ou, por tanto, por calquera capacidade que un individuo poida adquirir durante a súa vida. A información xenética non pode transmitirse do soma ao plasma xerminal e á seguinte xeración. Isto denomínase barreira de Weismann.[2] Esta idea descarta a herdanza dos caracteres adquiridos proposta por Jean-Baptiste Lamarck.[3]

A idea da barreira de Weismann é esencial na síntese evolutiva moderna, aínda que non se exprese hoxe nos mesmos termos. Na opinión de Weismann o proceso en gran medida aleatorio da mutación, que debe ocorrer nos gametos (ou nas células troncais que as formaron) é a única fonte de cambio para que actúe a selección natural. Weismann foi un dos primeiros biólogos en negar categoricamente a chamada herdanza branda (soft inheritance).[4] Aínda que, modernamente, algúns fenómenos epixenéticos introducen matizacións sobre a posibilidade dun certo tipo de herdanza branda.[5] As ideas de Weismann precederon o redescubrimento dos traballos xenéticos de Gregor Mendel, e aínda que Weismann era cauteloso ante a aceptación do mendelismo, investigadores máis novos axiña conectaron ambas ideas.

Weismann é moi admirado hoxe. Ernst Mayr considerouno o pensador evolutivo máis importante entre Darwin e a síntese evolutiva de 1930–40, e foi "un dos grandes biólogos de todos os tempos".[6]

  1. Romanes, George John. An examination of Weismannism. The Open court publishing company in Chicago 1893 [1]
  2. Germ-Plasm, a theory of heredity (1893)- Texto completo on line. Esp.org. Retrieved on 2012-02-25.
  3. Huxley, Julian 1942. Evolution, the modern synthesis. p. 17
  4. Essays upon heredity (1889) Oxford Clarendon Press – Full online text. Esp.org. Retrieved on 2012-02-25.
  5. Eric J. Richards. Inherited epigenetic variation — revisiting soft inheritance. Nature Reviews Genetics 7, 395-401 (May 2006). doi:10.1038/nrg1834. [2]
  6. Mayr, Ernst 1982. The growth of biological thought. Harvard. p. 698

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne